29/Setembro/2017 – Bolsas para proxectos de mellora 2017

O 29 de Setembro de 2017 remata o prazo para a presentación de solicitudes de bolsas para proxectos de mellora.

O obxecto destas axudas é a concesión de 100 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa.

Os titulados incorporaranse a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a continuación realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clusters empresariais.

Enlace orixinal e mais información: Bolsas para proxectos de mellora 2017